Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Toxicoloxía alimentaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Para optar á Evaluación Continua o alumno deberá entregar a través da plataformas de teledocencia alomenos un 80 % das actividades planificadas durante o curso.
A realización de ditas actividades suporá ata un 30 % da nota final, que incluirá a actitude e a participación do alumnado nas clases, así como os resultados acadados nas actividades propostas.

Resultados previstos na materia: RA1, RA4, RA5, RA6, RA7.
30 A3
B1
B3
C5
C7
C8
C17
C18
C19
D5
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse tendo en conta:
1. A participación e actitude das/os alumnas/os durante o desenvolvemento das prácticas: 5 %
2. A elaboración e entrega no tempo establecido dos informes de prácticas: 10 %
3. Un exame que se realizará á finalización das mesmas e no que haberá que acadar como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 para poder promediar co resto das cualificacións: 15 %

Ademais, para superar a materia é obrigatorio, polo menos, a asistencia ao 80 % das horas asignadas.

Resultados previstos na materia: RA4, RA5, RA6, RA7.

30 A3
B3
C5
C8
C17
C18
C19
D5
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame final de coñecementos xerais de toda a materia que representará un 40 % da nota final.
Para poder promediar a nota do exame co resto de cualificacións a/o alumna/o deberá acadar obrigatoriamente unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

Resultados previstos na materia: RA1, RA2, RA3, RA4.


40 A2
A3
B1
B3
C6
C7
C8
C17
C18
C19
D5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames do curso académico 2024/2025 serán:

  • Fin de Carreira: 19 de setembro de 2024, ás 10:00 h.
  • 1ª edición ordinaria: 8 de novembro de 2024, ás 10:00 h.
  • 2ª edición ordinaria: 4 de xullo de 2025, ás 10:00 h.

En caso de erro na transcrición nas datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do centro.

As/os estudantes terán dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado: avaliación continua ou avaliación global

A avaliación será preferentemente continua. Aquel/a alumno/a que desexe acollerse á avaliación global deberá comunicarllo á coordinadora da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo inferior a un mes desde a data de comezo das clases.

As/os alumnas/os que se acollan á avaliación global serán cualificados tendo en conta únicamente a nota do exame teórico (70 %) e a nota de prácticas de laboratorio (30 %).

Convocatoria Fin de Carreira: a/o alumna/o que opte por examinarse en fin de carreira será avaliada/o unicamente co exame (que suporá o 100 % da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnas/os.

Segunda edición ordinaria (Xullo): a/o alumna/o poderá elixir previamente antes desta convocatoria se quere manter a avaliación continua (promediando a nota do exame co resto das notas acadadas durante o bimestre) ou ser avaliada/o mediante a avaliación global. Se a/o alumna/o non manifesta a súa postura antes da data oficial do exame, entenderase que opta pola avaliación continua.

Compromiso ético: A/o alumna/o deberá presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que a/o alumna/o non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000