Seminario |
O Seminario conforma unha ferramenta didáctica de indubidable valor xa que é un complemento ideal e necesario do programa de leccións teóricas. Ademais, a liberdade que ofrece esta ferramenta permite tanto complementar aspectos teóricos como prácticos (manexo das bases de datos toxicolóxicas, os métodos de avaliación do risco toxicolóxico, etc.) nos que non se poida profundar adecuadamente nas clases teóricas. Neste sentido, as actividades desenvolvidas nas clases de Seminario tamén permiten discutir os resultados e as respostas obtidas polas/os estudantes.
Os seminarios desenvolveranse ao longo do curso académico, tratando de coincidir ben co final dos temas ou bloques temáticos. |