Esta materia pertence á Mención dual e desenvólvese de forma conxunta na universidade e a empresa, co liderado da Universidade. Na universidade veranse os aspectos máis
teóricos e abordarase de forma global o aspecto utilitario ou práctico das ferramentas, habilidades e coñecementos mentres que nas empresas utilizaranse ditas ferramentas, habilidades e coñecementos nunha contorna profesional. Contarase coa colaboración das empresas para todos os aspectos e contidos da mesma.
Non se fai unha indicación expresa das ferramentas e tecnoloxías que se usarán, xa que se pretende que este aspecto poida adaptarse en función das usadas nas empresas colaboradoras e a evolución do sector.