A maioría dos sistemas electrónicos combinan circuítos analóxicos e dixitais. Polo tanto, ademais de estudalos por separado, é necesario consideralos no seu conxunto e comprender as súas características específicas. Este curso presenta circuítos mixtos analóxicos e dixitais desde diferentes perspectivas, abarcando tanto aspectos teóricos como prácticos. Os contidos impartidos combinan a teoría dos sistemas continuos e discretos, e os circuítos analóxicos e dixitais, no marco de aplicacións relacionadas co currículo de electrónica de telecomunicacións (convertedores de formato, moduladores, filtros, síntese de sinais, etc.).
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.