|
Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.
A avaliación continua comprenderá a realización de cinco probas: catro exames parciais (20% da nota final cada un deles) e un proxecto consistente na configuración dun servizo multimedia básico (20% da nota final). Ningunha das cinco probas é recuperable e soamente serán válidas para o curso actual. Quen prefira optar pola avaliación global será avaliado mediante un único exame escrito sobre todos os contidos da materia ao fin do cuadrimestre. A nota final da materia será, neste caso, a nota obtida en devandito exame. Considerarase que opta pola avaliación continua quen se presente a algún dos exames parciais ou entregue o proxecto proposto. Considerarase presentado á convocatoria soamente a quen se presente, polo menos, a tres probas de avaliación continua (ou ao exame final se optou pola avaliación global). En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a nota final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Quen non aprobe a materia tras a oportunidade ordinaria deberá realizar, para a oportunidade extraordinaria, un exame escrito, que versará sobre todos os contidos da materia. Para esta oportunidade, poderase manter a nota obtida no proxecto, coa mesma ponderación que na oportunidade ordinaria. Na convocatoria de fin de carreira a avaliación consistirá na realización dun único exame escrito, que versará sobre todos os contidos da materia. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Mestrado (CAM) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. |