Presentación A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, sita no Campus Universitario de Ourense, oferta tres titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES): un Grao e dous Posgraos. Xunto á habitual modalidade presencial, poderase optar pola modalidade semipresencial, sempre que se xustifique a imposibilidade de asistir con regularidade ás aulas; os motivos deben estar en relación con obrigas de carácter laboral, familiar, atención a persoas dependentes, actividades deportivas de alto nivel, necesidades educativas especiais. O proceso para acollerse a esta modalidade terá lugar unha vez formalizada a matricula; estudante debe cubrir un impreso coa solicitude e entregar a documentación xustificativa. Os docentes poñerán a disposición destes estudantes o material preciso a través da plataforma de teledocencia e os medios para superar as materias do grado, en igualdade de condicións que os presenciais. A oferta de Posgrao contempla dúas titulacións:
Neste documento:
|
Universidade de Vigo | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |