Esta materia ten como obxectivo capacitar ao alumno para a xestión de datos xeoespaciais multibanda e multiescala para a monitorización de recursos hídricos. Abórdanse os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para o procesamento, xestión e análise de datos xeoespaciais de diversos formatos, e inclúense exemplos prácticos de aplicación SIX no ámbito da auga.