A economía ambiental ofrece un marco teórico e empírico para a análise da relación entre actividades económicas e medio ambiente. Mostra como as técnicas económicas poden ser aplicadas á análise de problemas ambientais. Esta materia está baseada na (a) teoría das externalidades e bens públicos, (b) teoría e práctica da política ambiental, (c) a aplicación ao campo climático. Os temas a analizar inclúen os conceptos de desenvolvemento sustentable; eficiencia económica, fallos de mercado, bens públicos ambientais, recursos naturais de propiedade común, externalidades; economía da contaminación; impostos ambientais, subvencións,permisos intercambiables, ou regulación e acordos internacionais. A materia presta unha especial atención ás cuestións de mitigación e adaptación ao cambio climático.