O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. - ALUMNADO QUE ELIXE EC: a) Realizará as probas que constan como AVALIACIÓN CONTINUA no apartado Avaliación e cualificarase segundo a ponderación indicada. b) Todas as sesións de prácticas inclúen algún tipo de proba. c) Todas as probas realízanse durante as sesións de prácticas salvo dúas das probas do apartado "Seminario" que serán en sesións de teoría. d) As probas incluídas no apartado "Resolución de problemas" requiren a obtención de polo menos 3 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esta nota mínima, a cualificación máxima de EC será de 4,5 puntos (suspenso) independentemente da cualificación obtida nas demais probas. e) Para superar a materia débese obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na nota final. f) Considerarase como presentado se se segue presentando ás probas de EC unha vez superado o prazo de renuncia á EC establecido polo centro.
- ALUMNADO QUE ELIXE EG:
a) Realizará unicamente a PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL na data oficial establecida para o exame da materia.
b) Para superar a materia deberá obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na devandita proba.
c) Considerarase como presentado se se presenta á devandita proba.
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de FIN DE CARREIRA o exame supoñerá o 100% da cualificación.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |