A materia conecta ao alumno con aspectos da responsabilidade, a ética empresarial, e o márketing, para que poidan entender as actividades da empresa, os consumidores, e en definitiva ao mercado, desde a óptica do márketing responsable. En concreto, a materia pretende fomentar unha reflexión crítica sobre os distintos impactos do márketing na sociedade e o medioambiente, así como o seu papel na procura de solucións aos novos desafíos socioambientales.