O enfoque conceptual da Materia de Intervención socioeducativa no ámbito familiar procura unha aproximación á acción socioeducativa neste eido. Especialmente no referente ós factores que condicionan os procesos de ensino e aprendizaxe no mundo, concretamente en Galicia, e España no marco da Unión Europea.
-A nova concepción de cidadanía precisa da Intervención socioeducativa no ámbito familiar para o desenvolvemento da súa formación persoal e integración social que responda ás novas perspectivas sociais que demanda a sociedade do coñecemento, a democracia participativa e as características propias do mercado laboral.
-A Intervención socioeducativa no ámbito familiar potencia as capacidades da cidadanía para acceder á formación e a autoformación necesarias cara ao logro do desenvolvemento dos saberes potenciais e expectativas que lle permiten participar, vivir e convivir en liberdade, democracia, xustiza e paz.
O deseño de proxectos é unha liña eficaz de comunicación e planificación das iniciativas da acción socioeducativa no ámbito familiar, acorde aos modelos de xestión das diversas institucións e organismos competentes ou implicacións nas cuestións educativas e sociais ás que se dirixen os diversos proxectos.