Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Mercadotecnia responsable
   Plan de Continxencias
 
Descrición

* Metodoloxías docentes que se manteñen con carácter virtual

Presentación. Exposición por parte do alumno ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou os resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Podéndose levar a cabo de maneira individual ou en grupo.

Seminario. Entrevistas que o alumno mantén co profesor para asesoramento/desenvolvo de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.

Resolución de problemas. Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. E alumno debe obter as solucións adecuadas ou correctas mediante a utilización de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.

* Metodoloxías docentes que se modifican

Elimínanse os debates e as prácticas de campo

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Seminarios. Resolución de dúbidas sobre a materia a cada un dos grupos de traballo que se formen en clase para o desenvolvemento dos temas que teñan asignados. Farase vía telemática


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Avaliación continua:

exame de preguntas obxetivas 50%
Presentación cun peso do 25%
Resolución de problemas cun peso do 25%

Avaliación No contínua:

1) Traballo teórico/practico sobre a materia obxeto de estudo. Entendese que a parte teórica debe estar relacionada con algún dos temas do programa da materia e a parte practica debe ser a aplicación empresarial dos conceptos analizados na parte teórica (30%)

2) exame de preguntas obxetivas (70%)


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000