Metodoloxías docentes que se manteñen con carácter virtual
Lección maxistral. Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia, bases teóricas e/o directrices dun traballo.
Debate. O profesor fomentará a participación de alumno, xerando temas de debate durante as clases, e motivando que o alumnado aprenda de forma activa e participativa
Estudo de casos. Durante as prácticas presenciais, os estudantes analizarán estudos de caso reais, identificarán problemas, propoñerán solucións e expoñerán as súas propostas, desenvolvendo habilidades de resolución de problemas no contexto do márketing e consumo responsable. Os estudos de caso forman parte da avaliación continua da materia.
Resolución de problemas. Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. E alumno debe obter as solucións adecuadas ou correctas mediante a utilización de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Elimínanse os debates e as prácticas de campo
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Seminarios. Resolución de dúbidas sobre a materia a cada un dos grupos de traballo que se formen en clase para o desenvolvemento dos temas que teñan asignados. Farase vía telemática
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Avaliación continua:
Exame de preguntas obxetivas 50%
Presentación cun peso do 25%
Resolución de problemas cun peso do 25%
Avaliación Non continua:
1) Traballo teórico/práctico sobre a materia obxeto de estudo. Enténdese que a parte teórica debe estar relacionada con algún dos temas do programa da materia e a parte practica debe ser a aplicación empresarial dos conceptos analizados na parte teórica (30%)
2) Exame de preguntas obxetivas (70%)
|