Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases Maxistrais nas que se explican os fundamentos teóricos. O alumnado asimila e toma apuntes. Expón dubidas e cuestións complementarias.
Resolución de problemas Traballo individual e grupal de resolución de tarefas nas clases B e C.

A profesora presenta e exemplifica a tarefa e o alumnado resolve e expón dubidas.

O alumnado deseña, imparte e analiza diferentes método e tarefas didácticas.
Traballo tutelado Deseño e desenvolvemento dunha intervención didáctica a través da actividade física e o deporte. Aplicación de microensino.

Cada grupo desenvolverá unha sesión según as características básicas determinadas na opción que lle sexa asignada. En cada unha delas abórdase específicamente un método didáctico. Esta sesión deberá ser impartida aos seus compañeiros e compañeiras nas aulas prácticas.

É obrigación do alumnado manterse informado das posibles modificacións no calendario de prácticas. É obrigatorio realizar un mínimo de dúas titorías (seminario) antes da realización da sesión. Unha delas será en hora de clase.
Seminario O alumnado presenta á profesora o desenvolvemento do seu traballo tutelado nun mínimo dunha titoría grupal.
Estudo de casos Análise didáctica e discusión da sesión práctica realizada na clase laboratorio realizada na práctica B. O alumnado deberá participar activamente e realizar as tarefas encomendadas na clase A correspondente.
Obradoiro Intervención docente. O alumnado imparte unha sesión a un grupo de alumnos/as que foi programada no traballo tutelado e nos seminarios.

A sesión é avaliada por el@s mesm@s, os seus compañeir@s e a profesora. Empréganse ferramentas de observación sincrónica e a través de gravación audiovisual.
Prácticas de laboratorio Nas aulas de laboratorio experimentanse diferentes intervencións a través da motricidade. Participación nun microensino e na reflexión-análise do final da sesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000