Guia docente 2020_21
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Técnicas pictóricas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantense o traballo titorizado, a resolución de problemas e a presentación a través do campus remoto da UVigo, FAITIC e correo electrónico.

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Modifícanse as horas de debate e pasan a convertirse no traballo autónomo titorizado

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As titorías atenderánse de forma non presencial por FAITIC e a través do correo electrónico na modalidade de concertación previa

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:
Revisarase parte dos contidos a realizar de forma presencial e que son posible debido os recursos presentes na aula-taller de pintura da Facultade. Revisase e suprimese o proceso de serigrafía, o procedemento do aerógrafo, o temple o hovo e o óleo aplicado na tea sobre bastidor preparado a media creta.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Debido a estructura e plantexamento da materia, a bibliografía aportada na guía docente xa inclúe manuais e recursos para que o/a estudante poida levar a cabo de forma adecuada unha parte do auto-aprendizaxe. Debido a naturaleza das técnicas pictóricas, hai outra parte de transmisión de profesorado ao estudante que non pode ser sustituida por ningunha plataforma de teledocencia ni reflexada na bibliografía. Sua natureza 100% manual, ni sequera mecánica-analóxica, fai que o medio dixital non aporte o/a estudante aqueles coñecementos derivados do aprendizaxe de cómo a man con pincel ou outro utensilio configura, construe e forma a imaxe pictórica dende a paleta ao soporte onde execútase. Os "titoriais" e outros recursos semellantes de plataformas dixitais más que aportar ensinanza-aprendizaxe o que reportan é unha confusión e desorientación dos mecanismos de creación artística a través das técnicas pictóricas.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Tendo en conta que a avaliación realizase de forma contínua e é a suma das valoracións de todos e cada un dos exercicios técnicos realizados, tanto das probas-exercicios xa realizadas de forma presencial e as probas-exercicios pendentes de realizar terán un 100% do valor na cualificación final.
A cualificación final obterase da media da cualificación resultante da suma de todos e cada un dos exercicios realizados sexa de forma presencial, mixta ou non presencial.
No caso dunha forma mixta ou non presencial de docencia, os exercicios entregaránse de forma telemática a través da plataforma de teledocencia FAITIC (ou en casos excepcionais e xustificados por correo electrónico).


* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
No caso de docencia mixta ou non presencial, debido a falta de recursos fora da aula-taller de pintura na Facultade, suprimiráse a técnica de serigrafía, a técnica de aerógrafo, o temple o hovo e o óleo aplicado na tea con apresto a media creta.
A supresión de dichas técnicas levará a sustituilas por aquelas que están comercializadas e que resultan máis directas e sinxelas de aplicar como son, entre outras, as técnicas secas a cera ou o pastel.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000