A materia ten como obxectivos mellorar as competencias adquiridas na materia Tradución Idioma 2,II:
a) Afondar nos procedementos e técnicas da tradución e analizar as dificultades que
presenta o texto de partida.
b)Perfeccionar as competencias necesarias para traducir textos non especializados redactados no idioma II, amosando a capacidade de comprensión do idioma II e a de expresión na lingua I.
c) Iniciar o alumnado na tradución de textos especializados, que se abordará nas materias de cuarto curso do grao.