Introdución aos aspectos fundamentais da historia, da lingua e da literatura en Portugal e Brasil até á fin do Romanticismo. Trátase de adquirir un coñecemento e unha comprensión básicas tocante aos desenvolvementos e ás correntes máis importantes da historia das literaturas e culturas lusófonas
(portuguesa e brasileira) a través de textos literarios, obras audiovisuais, música, entre outras. Leranse e comentaranse obras e/ou excertos de obras literarias seleccionadas dos ámbitos portugues e brasileiro. O obxectivo consiste en comprender, saber relacionar e saber analizar de xeito crítico os principais desenvolvementos literarios e culturais en Portugal e no Brasil até meados do século XIX a partir do comentario e da interpretación de textos literarios e outros fenómenos culturais.