Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estudos lusófonos I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización interna da materia.
Información bibliográfica.
Introdución ás ferramentas dixitais.
Temas e organización dos traballos tutelados e doutros exercicios.
Sesión maxistral Os principais temas da materia serán introducidos a través dunha serie de exposicións maxistrais por parte do profesor en lingua portuguesa.
Traballos tutelados Cada estudante realiza ao longo do período lectivo un traballo de proxecto escrito, dirixido polo profesor, sobre un tema relacionado coa literatura e/ou cultura da lusofonía.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, etc. relacionados cos contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado resolverá unha serie de exercicios de forma individual, cuxas solucións serán entregues ao profesor para corrección.
Estudo de casos/análises de situacións Leranse textos de diferentes xéneros procedentes de ámbitos e épocas seleccionados da Lusofonía e o estudantado terá que informarse sobre o seu contexto. Os textos serán lidos e preparados de forma individual e despois comentados nas aulas.
Presentacións/exposicións Cada estudante realizará unha exposición oral de 15-20 minutos sobre un tema relacionado coa
Lusofonía, cuxa preparación será dirixida polo profesor.
Cartafol
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000