Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estudos lusófonos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Avaliaranse a estrutura, metodoloxía e contidos dun traballo escrito de aproximadamente 10 páxinas con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas do TFG. Un primeiro borrador enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word na primeira semana de decembro. A entrega definitiva do traballo é na primeira semana de xaneiro. O traballo pode ser redactado en lingua portuguesa ou galega (indicacións específicas para o alumnado Erasmus atópanse en "Outros comentarios"). 40 A5
B6
C3
C16
D8
D11
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a calidade das intervencións nas aulas e as realizacións de eventuais exercicios, como tamén a participación noutras actividades da materia. 30 A2
A5
B6
B9
B10
C3
C16
Presentacións/exposicións Avaliaranse a estrutura, metodoloxía e contidos dunha exposición oral en lingua portuguesa, de aprox. 20 min., acompañada da documentación correspondente. As exposicións orais realizaranse ao longo dos meses de
outubro, novembro e decembro (indicacións específicas para o alumnado Erasmus atópanse en "Outros comentarios").
30 B1
B4
C3
C16
D2
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As clases desta materia impartiranse en lingua portuguesa, podendo as/os estudantes responder en lingua portuguesa ou galega.

A exposición oral debe ser realizada en lingua portuguesa.

Os traballos escritos poden ser redactados en lingua portuguesa ou galega.

Avaliación continua e avaliación única

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema
de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia regular ás aulas.

Tanto na avaliación continua como na avaliación única, a copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final.

Quen
opte pola avaliación única será avaliada/o ao final do
primeiro período na data indicada no calendario oficial de exames do
centro da seguinte forma:

1. cun exame escrito que abranguerá
todos os contidos fundamentais da materia indicados no dosier que se
distribuirá a principios do cuadrimestre;

2. cun exame oral individual, no cal as/os estudantes deberán debater co profesor temas relacionados coas lecturas obrigatorias.

Cada
unha destas 2 partes da avaliación única contará un 50% da nota final e
será necesario aprobar ambas para poder aprobar toda a materia.

Os mesmos criterios de avaliación única aplicaranse no segundo período das actas (xullo).

A data do exame de avaliación única (tanto para a parte escrita como para a oral) é aquela recollida no calendario oficial de exames da FFT.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e a consulta regular dos espazos virtuais da materia na plataforma TEMA e no BLOG e Facebook asociados, mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

Alumnado semi-presencial

Ao alumnado semi-presencial
ofréceselle unha titoría semanal. Para quen teña a oportunidade, recoméndaselle
asistir regularmente a estas titorías.

En todo o caso, o ensino
semi-presencial requere unha disciplina importante de
autoestudo seguindo as indicacións do profesor e o uso imprescindíbel da
plataforma FAITIC dende o primeiro día de clases.

Quen se incorpora a este sistema a
partir das últimas convocatórias de matrícula, debe contactar inmediatamente co profesor
e recuperar pola súa conta os temas xa impartidos desde setembro.

A avaliación continua do alumnado
semi-presencial implica a realización dos exercicios disponibilizados polo profesor
a través da plataforma FAITIC, dentro dos prazos indicados, como tamén a
asistencia a un 50% das titorías específicas previstas.

Estes exercicios inclúen a realización dun traballo escrito idéntico ao do alumnado presencial, e unha serie de exercicios que compensarán a exposición oral e a partcipación nas aulas do modo presencial.

Quen non pode realizar
estes exercicios dentro dos prazos, ou non pode asistir a un 50 % das titorías
específicas, terá que realizar os exames escrito e oral da avaliación única (cf. supra).

Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus):

O alumnado Erasmus poderá participar nas aulas en lingua castelá e
realizar a exposición oral nesta lingua.

Tamén pode realizar, de forma
excepcional e tras a correspondente consulta co profesor, o traballo
escrito en lingua inglesa, francesa ou alemá.

Con todo, o
alumnado Erasmus debe dispor dun coñecemento pasivo de lingua portuguesa
suficiente para poder ler textos literarios e para poder seguir unha
exposición académica en lingua portuguesa.

Por iso, non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña como
mínimo un nivel de B1 en lingua portuguesa matricularse nesta materia.

O ensino de literaturas e culturas lusófonas na UVigo diríxese a un alumnado que ten o galego e/ou o castelán como lingua materna e que parte de coñecementos históricos e literarios previos destas culturas, de maneira que a progresión é rápida.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000