Esta materia de "Sintaxe da lingua galega I" céntrase no estudo específico das unidades sintácticas que coñecemos como "frase" e "cláusula". Afóndase na análise sintáctica, partindo do verbo como núcleo predicativo da cláusula e as relacións que establece cos outros constituíntes funcionais e mais as
implicacións semánticas e pragmáticas que diso derivan. Estúdase tamén a estrutura interna dos constituíntes frásticos. Préstase especial atención á descrición de aspectos sintácticos diferenciais do galego con respecto ás linguas veciñas.