Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo cando así o requira o alumnado en canto ás directrices que debe seguir nos traballos guiados, na preparación das exposicións orais en clase ou nos comentarios dos erros cometidos nas análises sintácticas que se manden entregar como parte da avaliación. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizaranse tres sesións presenciais, tipo SEMINARIO, distribuídas ó longo do cuadrimestre (provisoriamente últimas semanas de febreiro, marzo e abril), co fin de que o alumnado poida solucionar dúbidas e solicitar explicacións sobre puntos concretos do temario. Así mesmo será atendido en horas de titoría vía e-mail na maior rapidez posible.
Sesión maxistral Existe a posibilidade para o alumnado SEMIPRESENCIAL da gravación en vídeo das clases maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000