Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Contidos
Tema Subtema
1. A sintaxe: definición e relación con outras
disciplinas gramaticais.
Obxecto de estudo. Unidades e relacións sintácticas. Funcións sintácticas,
semánticas e informativas. Bibliografía de sintaxe do galego.
2. A cláusula: caracterización e clasificación. O concepto de "valencia". O verbo como núcleo-PREDICADO da cláusula. Niveis de complementación: argumentos, adxuntos e elementos periféricos. Estrutura funcional da cláusula e alternancias. Orde de constituíntes e estrutura informativa. Clasificación das cláusulas. Construcións particulares de sintaxe galega na cláusula: os pronomes persoais átonos.
3. A frase: caracterización e clasificación. A frase nominal: estrutura e funcións. Determinantes, núcleo e modificadores. Tipos de modificadores: argumentais / adxuntos; especificativos / explicativos; relacionais / cualificativos; a aposición.
Estrutura e funcións dos outros tipos de frase (adxectiva, adverbial e prepositiva). Aspectos particulares de sintaxe do galego no ámbito da frase: os determinantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000