A materia aborda aspectos relacionados coa comunicación e as linguas desde unha perspectiva socio-cognitiva e cultural.
O presuposto de partida establece que a comunicación se proxecta nunha diversidade lingüística dobremente moldeada. Dun lado, polo cultural; doutro, polo mental ou cognitivo. Ambas, cultura e mente están en si mesmas
retroalimentadas. Esta materia busca abrir nos estudantes unha nova forma de pensar a linguaxe e a comunicación.