Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística, comunicación e cognición
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Avaliase a calidade dos traballos de curso propostos, tendo en conta a competencia do alumnado no relativo á reflexión sobre conceptos teóricos e ao dominio das técnicas e mecanismos formais de redacción e exposición oral. 50 C6
C13
D2
D3
D4
D5
Debates Preparación e participación activa nas sesións de debate que se propoñan ó longo do curso. 20 C6
C7
D2
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. 10 C6
D3
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que se demostre coñecementos conceptuais. 20 D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Prevense dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, prevé as actividades que se describen na táboa anterior. 

A consecución das diferentes metodoloxías da avaliación continua prevese de xeito preferente de acordo co seguinte cronograma:

- Resolución de problemas e / ou exercicios: entre as semanas 2ª e 13ª do cuadrimestre, de acordo co desenvolvemento dos contidos.

- Traballos tutelados: a súa escolla farase antes do 2 de novembro. As exposicións orais poderán realizaranse entre as semanas 9ª e 13ª. As datas concretas acordaranse en clase.

- Debates: realizanse nalgunha das sesións das semanas 4ª e 8ª

- Proba de resposta curta: na semana 14ª.

O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación fará un exame global de toda a materia, que coincidirá preferentemente cunha hora de clase da derradeira semana lectiva do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.

Todo o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente ao final do cuadrimestre terá unha segunda oportunidade na convocatoria final do mes de xullo. Tanto para o alumnado de avaliación continua como para o de avaliación única esta constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación.   

Agárdase de todo o alumnado o máximo rigor no respecto ás normas éticas do traballo. No caso de detectárense prácticas de copia e/ou plaxio, a penalización poderá supoñer o suspenso da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000