As fechas do examen final son : 27 outubro ás 16 horas (primeira convocatoria) e 1 xullo ás 16 h (segunda convocatoria). Para aprobar a asignatura é necesario cumprir TODAS as seguintes condicións: a. Obter como mínimo unha puntuación do 50% seguindo os criterios anteriores (exercicios+prácticas+traballos+exames+exame final) b. Acadar unha puntuación mínima maior de 40% no exame final. c. Realizar as prácticas de laboratorio Para os estudantes que non poidan asistir a clase ou pretendan superar a asignatura en segunda convocatoria, hai dúas formas de facelo: 1. Os resultados obtidos durante o curso (entrega de exercicios, presentación de traballos e casos e prácticas de laboratorio) computarán para o 50% da calificación e o exame final representará o 50% restante. 2. Realizar un exame final sobre toda a materia impartida durante o curso (85% da nota) ó que se sumará a cualificación obtida a partir do traballo de laboratorio (15%). En ambos casos, para superar a asignatura é necesaria a realización das prácticas de laboratorio e a obtención dunha calificación mínima do 40% no exame final. Os alumnos con responsabilidades laborais poden acollerse a calqueira das duas modalidades de evaluación que se proponen. |