Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Química orgánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A entrega (dentro dos períodos sinalados) das actividades (boletíns de problemas/estudos de caso, etc.) propostas contribuirá a un 20% da cualificación final da asignatura.
<br>Por cada día de retraso na entrega, a cualificación da actividade reducirase 1.5 puntos.
<br>Terase en conta a corrección das respostas e a claridade na explicación dos razoamentos que levan ós resultados propostos.
20
Traballos tutelados Valorarase a calidade da información proporcionada e a corrección na súa exposición e formato. 10
Prácticas de laboratorio A asistencia ás sesións prácticas de laboratorio e a realización dos traballos nelas propostos é imprescindible para aprobar a asignatura.
A avaliación desta parte da asignatura realizarase a través da observación do traballo de laboratorio e os seus resultados e da corrección dunha libreta de laboratorio que documente os mesmos.
15
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse probas (como mínimo unha) con problemas e cuestións curtas ó longo do curso. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As fechas do examen final son : 27 outubro ás 16 horas (primeira convocatoria) e 1 xullo ás 16 h (segunda convocatoria).

Para aprobar a asignatura é necesario cumprir TODAS as seguintes condicións:

a. Obter como mínimo unha puntuación do 50% seguindo os criterios anteriores (exercicios+prácticas+traballos+exames+exame final)

b. Acadar unha puntuación mínima maior de 40% no exame final.

c. Realizar as prácticas de laboratorio

Para os estudantes que non poidan asistir a clase ou pretendan superar a asignatura en segunda convocatoria, hai dúas formas de facelo:

1. Os resultados obtidos durante o curso (entrega de exercicios, presentación de traballos e casos e prácticas de laboratorio) computarán para o 50% da calificación e o exame final representará o 50% restante.

2. Realizar un exame final sobre toda a materia impartida durante o curso (85% da nota) ó que se sumará a cualificación obtida a partir do traballo de laboratorio (15%).

En ambos casos, para superar a asignatura é necesaria a realización das prácticas de laboratorio e a obtención dunha calificación mínima do 40% no exame final.

Os alumnos con responsabilidades laborais poden acollerse a calqueira das duas modalidades de evaluación que se proponen.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000