A materia é unha introdución á tradución directa e inversa de textos de temática económica e comercial, a través do estudo teórico (30%) e traballo práctico directo (35%) e inverso (35%) con diferentes tipos de discursos. Enténdese que o alumnado está familizarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución e que
posúe un coñecemento excelente das linguas de traballo.