Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas actividades introdutorias valorarase o nivel de coñecementos previos de economía dos estudantes.
Presentacións/exposicións Nas sesións de presentacións introduciranse conceptos básicos de economía e da súa tradución.
Os estudantes deberán preparar en grupo e expoñer en lingua inglesa información sobre a actualidade económica. A exposición deberá ser necesariamente oral, polo que obterán a cualificación de suspenso todas as que sean lidas.
Estudos/actividades previos Nas sesións de estudo e actividades previas as docentes proporcionarán información sobre os diferentes temas que compoñen os contidos. Ademais, os estudantes deberán adquirir pola súa conta coñecementos sobre un tema económico, por medio da busca documental e o procesamento da información buscada.
Traballos de aula Realizaranse na aula algúns exercicios de análise textual e de tradución supervisada, individuais e en grupo
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os estudantes executarán un proxecto de tradución en grupo baixo a tutela da profesora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000