O traballo de fin de máster (TFM) é un traballo de investigación orixinal, inspirado pola transversalidade entre os temas das materias dos módulos. Trátase dunha actividade autónoma aínda que baixo a supervisión e a autoridade dun/ha director/a de traballo membro do equipo docente do máster. Consiste nunha memoria escrita, cunha metodoloxía rigorosa, froito dunha selección de documentación relevante, de bibliografía e de recursos técnicos apropiados.
Adoita ser un primeiro chanzo da actividade do/a futuro/a investigador/a, a miúdo os contados abordados anticipan o tema da tese de doutoramento.