Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presencialmente, consistirá en 1 ou máis sesións en que o profesorado explicará as ferramentas de investigación e de comunicación que se precisen, así como as bases do traballo de investigación e as modalidades de desenvolvemento.
A actividade introdutoria pode realizarse enteiramente a distancia.
Traballos tutelados Nesta fase, o alumnado realiza unha actividade autónoma aínda que baixo a supervisión e a autoridade dun/ha director/a de traballo membro do equipo docente do máster. Terá que desenvolver por escrito unha memoria de proxecto, utilizando unha metodoloxía rigorosa, seleccionando a documentación relevante, empregando os recursos técnicos apropiados e xuntando unha bibliografía apropiada.
Presentacións/exposicións Defensa pública do TFM diante de especialistas designados pola Comisión Académica. A presentación ten por obxecto que o alumnado mellore a súa capacidade para adaptar o discurso oral e escrito a unha situación de defensa pública, baixo forma de presentación oral.
A modalidade de defensa será fixada pola Comisión Académica durante o curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000