CaixaProInfancia (apoio escolar)
Nome | CaixaProInfancia (apoio escolar) |
Obxectivo xeral | Loitar contra a pobreza e a exclusión social. |
Obxectivo específico | - Facilitar a mellora da situación dos menores e das súas familias desenvolvendo as competencias e o compromiso que lles permitirán asumir con autonomía este proceso de mellora. - Fomentar o desenvolvemento social e educativo da infancia no seu contexto familiar, escolar e social. - Contribuír ao aumento da mellora de oportunidades dos menores e as súas familias mediante o desenvolvemento e implementación dun modelo de acción social e educativa integral. - Participar na sensibilización e movilización da sociedade na erradicación da pobreza. |
Entidade promotora | FUNDACIÓN MENIÑOS |
Data inicio | 12/12/2019 |
Data fin | 14/11/2027 |
Persoas destinatarias | |
Poboación en protección ou en risco de exclusión social |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | - Compromiso. - Integridade. - Coñecementos básicos das materias escolares de primaria e ESO ou capacidades para actualizarse. - Organización. - Estabilidades emocional. - Paciencia. |
Funcións voluntariado | 1. Realizar apoio en tarefas escolares de menores de primaria e secundaria. 2. Acompañar aos menores na organización das súas tarefas escolares. 3. Fomentar hábitos de estudo. |
Actividades | 1. Apoio escolar a menores de primaria e secundaria. 2. Acompañamento aos menores na organización das súas tarefas escolares. 3. Fomento de hábitos de estudo. |
Ten contacto con menores | Si |
Tempo adicación | De 2 e 4 horas semanais. |
Lugar realización | Delegación de Meniños en Pontevedra Rúa Sor Lucía, nº2, 3º 36002 Pontevedra |
Observacións | A persoa voluntaria participará en reforzo escolar para primaria e secundaria: A persoa voluntaria colaborará en tarefas de reforzo escolar a menores de primaria e secundaria dentro do programa CaixaProinfancia que desenvolve a Fundación Meniños en Pontevedra. As actuacións específicas abarcan dende o acompañamento na realización das tarefas escolares, explicación de contidos educativos seguindo o material e guía que o profesorado lle da ao menor no centro educativo, asesoramento en técnicas de estudo e organización do material, axenda, tarefas/exercicios e motivar de cara a axudar a manter a asistencia ao reforzo educativo. |
Coordinadores | |
Roberto Antón Santiago: |