Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Practicals
Subject Guide
IDENTIFYING DATA 2014_15
Subject Practicals Code P02G110V01981
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Total Cr. Choose Year Quadmester
48 Mandatory 4th An
Teaching language
Prerequisites
Department

Coordinator
Barcala Furelos, Roberto Jesús
Martínez Figueira, María Esther
E-mail esthermf@uvigo.es
roberto.barcala@edu.xunta.es
Lecturers
Barcala Furelos, Roberto Jesús
Martínez Figueira, María Esther
Web
General description (*)O artigo 2 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de novembro, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, define estas como
“[...] unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos
adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que os preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento”.
O Real Decreto mencionado establece no seu artigo 3 que, coa realización das prácticas académicas externas, se pretenden alcanzar os seguintes fins:
a) Contribuír para a formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que os estudantes han operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
e) Favorecer a innovación, a creatividade e o emprendemento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000