Guia docente 2023_24
Facultad de Bellas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Produción artística: Audiovisuais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clase maxistral con apoio de documentación e sistemas multimedia. Exposición dos contidos da materia. Exemplos paradigmáticos da historia e as principais modalidades da arte audiovisual. Análise da ontoloxía da imaxe en movemento. Análise crítica de axiomas culturais que definen os distintos dispositivos audiovisuais. Toma de notas e exposición debatida dos mesmos.
Modalidade: guiada. Ensino inverso.
Presenza do/a docente e presenza obrigatoria do alumnado.
Escenario: aula común. Sala de proxeccións.
Prácticas de laboratorio Aprendizaxe práctica, mediante a simulación de casos, do manexo das ferramentas de creación (Hardware e Software) implicadas na gravación, captura, edición e postproducción da imaxe e o son dixital.
Modalidade: guiada. Realización de exercicios prácticos por parte do alumnado. Presenza do/a docente e presenza obrigatoria do alumnado.
Escenario: Laboratorio de audiovisuais; Estudio audiovisuais.
Obradoiro Aprendizaxe e realización de prácticas de iluminación en estudo. Creación de ambientes. Manexo directo do equipamento técnico e da grella de focos instalada. Realización de exercicios de toma de imaxe con control de temperatura de cor. Modalidade: asistencia específica por parte do profesor ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolvan os estudantes. Escenario: Estudio Audiovisuais.
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO 1. (Video experimental). Obra monocanal baseada en claves de arte audiovisual experimental (será realizada nas primeiras 5 semanas do cuatrimestre).
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO 2. (Video Experimental – Poéticas personais)
Creación dunha obra audiovisual na que, dende as temáticas do espazo, o tempo e/ou o corpo, se exprese un concepto mediante formas, imaxes en movemento e sons. Procurarase a coherencia estética dende plantexamentos personais. (Será realizada nas 5 semanas centrais do cuatrimestre).
Traballo tutelado TRABALLO TUTELADO 3. (Video autobiográfico). Obra monocanal baseada no desenvolvemento das formas e conceptos de ensaio audiovisual, concretamente na súa modalidade de audiovisual autobiográfico (será realizada nas últimas 5 semanas do cuatrimestre).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000