Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Procesos de espazo e tempo
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Explicación dos contidos teóricos da materia a través de sesións de 30-40 minutos, que se distribuirán ao longo do cuadrimestre. Impartiranse na aula, complementando as prácticas semanais.
Resolución de problemas Proposta de exercicios prácticos explicados ao longo do cuadrimestre en sesións curtas que se impartirán na aula. Os exercicios serán presenciais, levando a cabo na aula da materia para traballos prácticos, ao longo do cuadrimestre baixo a supervisión do profesorado. Cada bloque de exercicios terá unha temporalización diferente; cunha duración de entre tres e catro semanas cada unha.
Resolución de problemas de forma autónoma Traballos específicos a realizar de forma autónoma ao longo do cuadrimestre, que se presentarán oportunamente na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000