Guia docente 2015_16
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Atención de enfermaría nas emerxencias e catástrofes
   Competencias
Código Descrición
C9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
C13 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
C18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
C28 Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C49 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
C50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000