Guia docente 2015_16
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría xeriátrica e coidados paliativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Foros de discusión Foros no que se propon o alumno que opine sobre diferentes conceptos da materia. E no que o alumnos tamé debe reflexionar e opinar de forma asertiva sobre as visión do resto dos compañeiros.
Debates Actividades grupal, no que os alumnos expoñen a suas ideas e as argumenta sobre un tema relacionado ca materia. Da mesma forma escoitan outras ideas e argumetnos co fin de ter diferentes visión y polo tanto se enriqueza o seu campo de coñecementos. O debate estará moderado polo profesor para orientar e conducir o debate dentro do campo profeional.
Seminarios Exposición por parte do profesor dun tema relacionado coa materia e que complementa e enriquece o coñecemento do alumnos en relación co campo da Enfermeria Xeriatrica.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000