Guia docente 2015_16
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B4 Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
B5 Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade.
B9 Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
B10 Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
B11 Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde.
B12 Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
C34 Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
C35 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
C36 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
C37 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
C38 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
C39 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
C40 Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Capacidade de xestión da información.
D4 Resolución de problemas e toma de decisións.
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe.
D6 Habilidades nas relacións interpersoais.
D7 Razoamento crítico.
D8 Aprendizaxe autónoma.
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade.
D10 Motivación pola calidade.
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000