Guia docente 2015_16
E. U. de Enfermaría (Povisa)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Introdución á enfermaría clínica
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B3 Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría.
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
B16 Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria.
B17 Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
C2 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
C9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
C13 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
C28 Coñecer as alteracións da saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
D1 Capacidade de análise e síntese.
D2 Capacidade de organización e planificación.
D3 Capacidade de xestión da información.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000