Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral 50-80
Prácticas de laboratorio 50-20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dada a composición da materia, cada un dos dous bloques de contidos deberá superarse individualmente para alcadar o aprobado da mesma.

1º BLOQUE DE CONTIDOS:

Cada proba, traballo ou informe será valorado sobre 10 puntos. Para superar o primeiro bloque pola vía de avaliación continua o alumno deberá alcanzarse un mínimo de 5 en cada unha das probas. A cualificación total deste bloque obterase aplicando as seguintes porcentaxes: Teoría 50%, Prácticas 50%. A parte teórica consiste fundamentalmente nunha proba escrita, que poderá ser complementada con outras actividades de teoría. A parte práctica consiste no deseño dun obxecto, con entregas parciais e o traballo final.

Aqueles alumnos que sigan a vía de avaliación continua poderán conservar a cualificación das partes superadas ata a convocatoria de xullo, debendo recuperar só aquelas non superadas.

Quen opten pola vía do exame final exclusivamente, realizarán tanto a parte teórica (50%) como a práctica (50%). Se supera algunha delas consérvaselle ata a 2ª convocatoria (xullo).

2º BLOQUE DE CONTIDOS

Proba escrita (80% da nota final). Realizarase un exame final sobre os contidos da materia que incluirá problemas e exercicios

Avaliación das
Prácticas (20% da nota
final). Realizarase unha Avaliación Continua do traballo de cada alumno nas
prácticas. Se esta Avaliación Continua non se supera ao longo do cuadrimestre,
o alumno terá dereito a un exame de prácticas para poder superar a
avaliación das prácticas.

Deberanse superar ambas as partes (exame escrito e  prácticas) para aprobar este bloque da materia.

Na 2ª convocatoria do mesmo curso o alumno deberá examinarse das
partes non superadas na 1ª convocatoria.

Deberanse superar ambas as partes (exame escrito e  prácticas) para aprobar a materia.



 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000