Dada a composición da materia, cada un dos dous bloques de contidos deberá superarse individualmente para alcadar o aprobado da mesma. 1º BLOQUE DE CONTIDOS: Cada proba, traballo ou informe será valorado sobre 10 puntos. Para superar o primeiro bloque pola vía de avaliación continua o alumno deberá alcanzarse un mínimo de 5 en cada unha das probas. A cualificación total deste bloque obterase aplicando as seguintes porcentaxes: Teoría 50%, Prácticas 50%. A parte teórica consiste fundamentalmente nunha proba escrita, que poderá ser complementada con outras actividades de teoría. A parte práctica consiste no deseño dun obxecto, con entregas parciais e o traballo final. Aqueles alumnos que sigan a vía de avaliación continua poderán conservar a cualificación das partes superadas ata a convocatoria de xullo, debendo recuperar só aquelas non superadas. Quen opten pola vía do exame final exclusivamente, realizarán tanto a parte teórica (50%) como a práctica (50%). Se supera algunha delas consérvaselle ata a 2ª convocatoria (xullo). 2º BLOQUE DE CONTIDOS Proba escrita (80% da nota final). Realizarase un exame final sobre os contidos da materia que incluirá problemas e exercicios Avaliación das
Prácticas (20% da nota
final). Realizarase unha Avaliación Continua do traballo de cada alumno nas
prácticas. Se esta Avaliación Continua non se supera ao longo do cuadrimestre,
o alumno terá dereito a un exame de prácticas para poder superar a
avaliación das prácticas. Deberanse superar ambas as partes (exame escrito e prácticas) para aprobar este bloque da materia. Na 2ª convocatoria do mesmo curso o alumno deberá examinarse das
partes non superadas na 1ª convocatoria. Deberanse superar ambas as partes (exame escrito e prácticas) para aprobar a materia.
|