Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Electrotecnia
   Contidos
Tema Subtema
TEMA I: CIRCUÍTOS DE CA TRIFÁSICOS. MEDIDAS. COMPENSACIÓN.
Con este tema, preténdese que o alumno saiba analizar circuítos trifásicos tanto equilibrados como desequilibrados. Iníciase o tema cos conceptos básicos para a análise de circuítos equilibrados. Continúase cos circuítos desequilibrados, os diferentes métodos para medir a potencia e a compensación de potencia reactiva así como os métodos para determinar a secuencia de fases. Finalízase cunha introdución ás compoñentes simétricas.
• Introdución: Xeradores, cargas e circuítos trifásicos.
• Circuitos trifásicos equilibrados. Tensións e intensidades.
• Conversión de fontes e cargas trifásicas.
• Análise de circuitos trifásicos equilibrados.
• Potencia en circuitos trifásicos equilibrados. Compensación.
• Análise de circuitos trifásicos desequilibrados.
• Determinación da secuencia de fases e medida de potencia e enerxía.
• Compoñentes simétricas.
TEMA II: CIRCUITOS EN RÉXIMEN TRANSITORIO
O obxetivo que se pretende acadar con este tema é que o alumno saiba analizar a resposta dos circuitos eléctricos en réximen transitorio, diferenciando claramente entre a resposta permanente e a transitoria e a identificación das mesmas os circuitos considerando a actuación das condicións iniciais e das fontes. Coménzase con circuitos sinxelos de primeiro orden, incidíndose sobre o comportamento dos distintos elementos de circuito e a tipificación das respostas. Explícase tamén a diferencia entre a resposta natural e a forzada, é decer, a resposta debida as condicións iniciais impostas polos elementos almacenadores de enerxía e a resposta debida a fontes de excitación independentes. Exténdese o estudo a circuitos de segundo orden, e explicanse técnicas de resolución analíticas e mediante a transformada de Laplace. Introdúcense nuevas técnicas de resolución tanto temporales (método discretizado) como frecuenciales (aplicación da transformada de Laplace).
• Tipos de respostas e rexímes nos circuitos lineales.
• Métodos para obter a resposta de circuitos en réximen transitorio.
• Circuitos lineales de primeiro orden.
• Circuitos lineales de segundo orden.
• Resolución polo método discretizado
TEMA III: ANÁLISE DE CORTOCIRCUITOS EN CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS.
O obxectivo que se pretende alcanzar con este tema é que o alumno coñeza e saiba analizar os diferentes tipos de cortocircuitos que poden presentarse en circuítos e redes eléctricas utilizando métodos de análises adecuadas a cada situación así como coñecer a aplicación de normas para a súa determinación.
• Introdución aos cortocircuitos.
• Análise de cortocircuitos trifásicos equilibrados.
• Redes de secuencia. Conexión de redes de secuencia.
• Cortocircuitos desequilibrados.
• Normas para o cálculo de cortocircuitos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000