|  | B1 | CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, na especialidade de Mecánica, que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización. | 
    	  
           
             |  | B2 | CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1. | 
    	  
           
             |  | B4 | CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial na especialidade de Mecánica. | 
    	  
           
             |  | B6 | CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. | 
    	  
           
             |  | B8 | CG8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade. | 
    	  
           
             |  | B10 | CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar. | 
    	  
           
             |  | B12 | CG12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial na especialidade Mecánica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos. | 
    	 
         
			| Sinale C | Código | Habilidades | 
       
           
             |  | C1 | CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. | 
    	  
           
             |  | C2 | CE2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. | 
    	  
           
             |  | C3 | CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría. | 
    	  
           
             |  | C4 | CE4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría. | 
    	  
           
             |  | C5 | CE5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador. | 
    	  
           
             |  | C6 | CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. | 
    	  
           
             |  | C7 | CE7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría. | 
    	  
           
             |  | C8 | CE8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos. | 
    	  
           
             |  | C9 | CE9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais. | 
    	  
           
             |  | C10 | CE10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas. | 
    	  
           
             |  | C11 | CE11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica. | 
    	  
           
             |  | C12 | CE12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control. | 
    	  
           
             |  | C13 | CE13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. | 
    	  
           
             |  | C14 | CE14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. | 
    	  
           
             |  | C15 | CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación. | 
    	  
           
             |  | C16 | CE16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade. | 
    	  
           
             |  | C17 | CE17 Coñecementos aplicados de organización de empresas. | 
    	  
           
             |  | C18 | CE18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos. | 
    	  
           
             |  | C19 | CE19 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica. | 
    	  
           
             |  | C20 | CE20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas. | 
    	  
           
             |  | C21 | CE21 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica. | 
    	  
           
             |  | C22 | CE22 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais. | 
    	  
           
             |  | C23 | CE23 Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais. | 
    	  
           
             |  | C24 | CE24 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas. | 
    	  
           
             |  | C25 | CE25 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais. | 
    	  
           
             |  | C26 | CE26 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control da calidade. | 
    	  
           
             |  | C27 | CE27 Adquirir a capacidade para comprender os mecanismos de propagación das ondas electromagnéticas e a correspondente organización do espazo radioeléctrico. | 
    	  
           
             |  | C28 | CE28 Coñecer o mecanismo de funcionamento das antenas e os seus diferentes tipos. | 
    	  
           
             |  | C29 | CE29 Adquirir a capacidade para a selección de equipos, medios e sistemas de transmisión. | 
    	  
           
             |  | C30 | CE30 Coñecer os principios que rexen o funcionamento dos sistemas de comunicacións e sensores navais. | 
    	  
           
             |  | C31 | CE31 Adquirir a capacidade para comprender os conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións. | 
    	  
           
             |  | C32 | CE32 Adquirir a capacidade de diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, así como coñecemento dos métodos de interconexión de redes e encamiñamento. | 
    	  
           
             |  | C33 | CE33 Coñecer e utilizar correctamente os sistemas de información. | 
    	  
           
             |  | C34 | CE34 Potenciar mediante a expresión oral e escrita en castelán e inglés a capacidade de comunicación para facilitar a transmisión e comprensión de ordes, ideas e conceptos. | 
    	  
           
             |  | C35 | CE35 Coñecemento aplicado dos sistemas de enerxía e propulsión naval. | 
    	  
           
             |  | C36 | CE36 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais. | 
    	  
           
             |  | C37 | CE37 Coñecemento aplicado dos sistemas eléctricos navais. | 
    	  
           
             |  | C38 | CE38 Coñecer a nomenclatura, os principios elementais dos procedementos da construción e explotación dos buques, os fundamentos básicos da flotabilidade e estabilidade, os materiais para a súa construción e a estrutura. | 
    	  
           
             |  | C39 | CE39 Adquirir a capacidade de efectuar cálculos de flotabilidade e estabilidade. | 
    	  
           
             |  | C40 | CE40 Aplicar os principios de control de avarías para reducir os riscos do persoal e material, e para toma a de decisións ante emerxencias a bordo. | 
    	  
           
             |  | C41 | CE41 Desenvolver os coñecementos da dinámica vehicular. | 
    	  
           
             |  | C42 | CE42  Acadar o nivel de coñecementos topográficos necesarios para trazar e seguir rutas sobre terreo descoñecido. | 
    	  
           
             |  | C43 | CE43 Acadar coñecementos de topografía e as súas aplicacións á representación do terreo e ás obras. | 
    	 
         
			| Sinale D | Código | Competencias | 
       
           
             |  | D1 | CT1 Análise e síntese. | 
    	  
           
             |  | D2 | CT2 Resolución de problemas. | 
    	  
           
             |  | D3 | CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos. | 
    	  
           
             |  | D4 | CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira. | 
    	  
           
             |  | D5 | CT5 Xestión da información. | 
    	  
           
             |  | D6 | CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo. | 
    	  
           
             |  | D7 | CT7 Capacidade para organizar e planificar. | 
    	  
           
             |  | D8 | CT8 Toma de decisións. | 
    	  
           
             |  | D9 | CT9 Aplicar coñecementos. | 
    	  
           
             |  | D10 | CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos. | 
    	  
           
             |  | D11 | CT11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos diferentes campos do coñecemento e a práctica profesional co obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria. | 
    	  
           
             |  | D12 | CT12 Habilidades de investigación. | 
    	  
           
             |  | D13 | CT13 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. | 
    	  
           
             |  | D14 | CT14 Creatividade. | 
    	  
           
             |  | D15 | CT15 Obxectivación, identificación e organización. | 
    	  
           
             |  | D16 | CT16 Razoamento crítico. | 
    	  
           
             |  | D17 | CT17 Traballo en equipo. | 
    	  
           
             |  | D18 | CT18 Traballo nun contexto internacional. | 
    	  
           
             |  | D19 | CT19 Sostibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. | 
    	  
           
             |  | D20 | CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |