Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, na especialidade de Mecánica, que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
  B2 CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1.
  B3 CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B4 CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial na especialidade de Mecánica.
  B5 CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
  B6 CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  B7 CG7 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  B8 CG8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  B9 CG9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  B10 CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar.
  B11 CG11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
  B12 CG12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial na especialidade Mecánica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
Sinale C Código Habilidades
  C1 CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  C2 CE2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  C3 CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  C4 CE4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría.
  C5 CE5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  C6 CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  C7 CE7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  C8 CE8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
  C9 CE9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
  C10 CE10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  C11 CE11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  C12 CE12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  C13 CE13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  C14 CE14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  C15 CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  C16 CE16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  C17 CE17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  C18 CE18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  C19 CE19 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica.
  C20 CE20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
  C21 CE21 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  C22 CE22 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  C23 CE23 Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais.
  C24 CE24 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
  C25 CE25 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais.
  C26 CE26 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control da calidade.
  C27 CE27 Adquirir a capacidade para comprender os mecanismos de propagación das ondas electromagnéticas e a correspondente organización do espazo radioeléctrico.
  C28 CE28 Coñecer o mecanismo de funcionamento das antenas e os seus diferentes tipos.
  C29 CE29 Adquirir a capacidade para a selección de equipos, medios e sistemas de transmisión.
  C30 CE30 Coñecer os principios que rexen o funcionamento dos sistemas de comunicacións e sensores navais.
  C31 CE31 Adquirir a capacidade para comprender os conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións.
  C32 CE32 Adquirir a capacidade de diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, así como coñecemento dos métodos de interconexión de redes e encamiñamento.
  C33 CE33 Coñecer e utilizar correctamente os sistemas de información.
  C34 CE34 Potenciar mediante a expresión oral e escrita en castelán e inglés a capacidade de comunicación para facilitar a transmisión e comprensión de ordes, ideas e conceptos.
  C35 CE35 Coñecemento aplicado dos sistemas de enerxía e propulsión naval.
  C36 CE36 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais.
  C37 CE37 Coñecemento aplicado dos sistemas eléctricos navais.
  C38 CE38 Coñecer a nomenclatura, os principios elementais dos procedementos da construción e explotación dos buques, os fundamentos básicos da flotabilidade e estabilidade, os materiais para a súa construción e a estrutura.
  C39 CE39 Adquirir a capacidade de efectuar cálculos de flotabilidade e estabilidade.
  C40 CE40 Aplicar os principios de control de avarías para reducir os riscos do persoal e material, e para toma a de decisións ante emerxencias a bordo.
  C41 CE41 Desenvolver os coñecementos da dinámica vehicular.
  C42 CE42 Acadar o nivel de coñecementos topográficos necesarios para trazar e seguir rutas sobre terreo descoñecido.
  C43 CE43 Acadar coñecementos de topografía e as súas aplicacións á representación do terreo e ás obras.
Sinale D Código Competencias
  D1 CT1 Análise e síntese.
  D2 CT2 Resolución de problemas.
  D3 CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos.
  D4 CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira.
  D5 CT5 Xestión da información.
  D6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
  D7 CT7 Capacidade para organizar e planificar.
  D8 CT8 Toma de decisións.
  D9 CT9 Aplicar coñecementos.
  D10 CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos.
  D11 CT11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos diferentes campos do coñecemento e a práctica profesional co obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D12 CT12 Habilidades de investigación.
  D13 CT13 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
  D14 CT14 Creatividade.
  D15 CT15 Obxectivación, identificación e organización.
  D16 CT16 Razoamento crítico.
  D17 CT17 Traballo en equipo.
  D18 CT18 Traballo nun contexto internacional.
  D19 CT19 Sostibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D20 CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000