Guia docente 2013_14
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Puntúanse aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumno durante a realización das distintas prácticas.

Este apartado supoñerá como máximo 4,0 puntos da cualificación final máxima da parte experimental que será de 10 puntos.
ata 12,0
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Para cada un dos temas, propoñeranse determinados "Problemas Avaliables" ou outros traballos que o alumno deberá resolver ou realizar.

Estos problemas ou traballos no seu conxunto, supoñerán como máximo 1 punto da cualificación total final máxima da parte teórica que será de 10 puntos.
ata 7,0
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba escrita global (3,5 horas de duración) ao final do cuadrimestre, na data fixada pola Xunta de Facultade, que supoñerá como máximo 6,0 puntos da cualificación total final máxima da parte teórica que será de 10 puntos.

Para superar a materia é necesario acadar neste exame unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 puntos. No caso de non superar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será únicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados.
ata 42
Informes/memorias de prácticas Teranse en conta os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións.

Este apartado supoñerá como máximo 2,0 puntos da cualificación final máxima da parte experimental que será de 10 puntos.
ata 6,0
Probas de resposta curta Realización ao longo do cuadrimestre de dúas probas curtas (aproximadamente 1 hora de duración) de carácter non liberatorio.

Cada unha destas probas supoñerá como máximo 1 punto da cualificación total final máxima da parte teórica que será de 10 puntos.
ata 14
Probas de tipo test Ao rematar cada tema ou grupo de temas o alumno terá, a través da plataforma TEM@, a posibilidade de respostar un "test de autoavaliación" autocorrixible.

Estos test no seu conxunto, supoñerán como máximo 1 punto da cualificación total final máxima da parte teórica que será de 10 puntos.
ata 7,0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Esta proba escrita realizarase na data fixada pola Xunta de Facultade e versará sobre os coñecementos e destrezas que o alumno debe ter adquirido durante o desenvolvemento das sesións de prácticas. As preguntas situaranse, nalgúns casos, no contexto dalgunhas das experiencias realizadas polo alumno e, noutros, terán un ámbito máis xeral. A través das devanditas preguntas avaliarase a súa capacidade para resolver os problemas presentados.

Este apartado supoñerá como máximo 4,0 puntos da cualificación final máxima da parte experimental que será de 10 puntos.
ata 12,0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do curso realizarase fundamentalmente dun xeito continuado tendo en conta os aspectos mencionados mais arriba, e distinguindo entre a parte teórica e a parte práctica da asignatura.

Parte Teórica:

A avaliación da parte teórica contribuirá, no seu conxunto (probas curtas (20%), proba longa (60%), resolución de problemas/traballos (10%), test de autoavaliación (10%)), un 70% á cualificación final da materia. E requisito imprescindible para superar a materia obter na proba longa unha cualificación mínima de 4,0 sobre 10,0 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será únicamente a cualificación deste exame, non contabilizándose ningún dos demais apartados.

Parte Práctica:

A avaliación da parte práctica contribuirá, no seu conxunto (prácticas de laboratorio (40%), informes (20%) e examen (40%)), un 30% á cualificación final da materia. E requisito imprescindible para superar a materia obter, na parte práctica, unha cualificación mínima de 5,0 sobre 10 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será unicamente a do 75% desta parte práctica (no caso de terse superada a cualificación mínima de 4,0 puntos na proba longa).

A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.

A realización das duas probas curtas, ou da proba escrita de prácticas, ou da proba global ou a asistencia a mais de catro sesións de laboratorio, implicará a condición de “presentado/a” e, polo tanto, a asignación dunha cualificación.

Segunda Oportunidade:

Para a avaliación na segunda oportunidade, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das probas curtas, dos problemas/traballos propostos, das prácticas de laboratorio e os correspondentes informes e dos test de autoavaliación. No caso de ter unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos na proba global (longa) ou igual ou superior a 4,0 na proba escrita de prácticas, manterase dita cualificación (e a porcentaxe) e só será necesario realizar a outra.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000