Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía xeolóxica II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias
Presentaráselle ao alumno a maneira na que se impartirán as clases, a forma de avaliación, as saídas de campo, as clases prácticas e os seminarios. Repartirase o temario, así como o material necesario para as clases prácticas e seminarios.
Sesión maxistral Expoñeránselle ao alumno os contidos teóricos que serán avaliados nun exame final.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio que terá que realizar e entregar o alumno consta de tres sesións prácticas na que se realizasen exercicios prácticos relacionados cos temas teóricos. A asistencia ás prácticas da materia é OBRIGATORIA. As sesións prácticas sobre as que se realizarán os exercicios incluirán:
- Preparación de proxectos e campañas oceanográficas. Elaboración de mapas batimétricos.
- Interpretación de datos de soar de varrido lateral e introdución á prospección sísmica.
- Sistemas sísmicos de reflexión.
- Técnicas de análises e interpretación de testigos sedimentarios.
Traballos tutelados Realizaranse traballos prácticos sobre temas concretos:
- Manexo de cartas nauticas, parámetros de navegación. posicionamento de puntos e ruta de mostraxe
- Tratamento de datos para a elaboración dunha carta batimétrica. Correccións e cálculo de altura de marea.
Ademais, mediante a preparación de exposicións orais de textos científicos seleccionados, o alumno demostrará a súa capacidade para o traballo de equipo e a súa capacidade para unha exposición oral sobre un tema científico. No debate posterior avaliarase a capacidade de síntese e de entendemento do tema proposto.
Saídas de estudo/prácticas de campo Os alumnos realizasen unha saída de mar na que poderán familiarizarse cos sistemas de adquisición de datos acusticos submarinos e de toma de mostras de sedimentos mariños (testigos de sedimentos, dragas, etc).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000