Actividades introdutorias |
Presentaráselle ao alumno a maneira na que se impartirán as clases, a forma de avaliación, as saídas de campo, as clases prácticas e os seminarios. Repartirase o temario, así como o material necesario para as clases prácticas e seminarios. |
Sesión maxistral |
Expoñeránselle ao alumno os contidos teóricos que serán avaliados nun exame final. |
Traballos tutelados |
Realizaranse traballos prácticos sobre temas concretos:
- Manexo de cartas nauticas, parámetros de navegación. posicionamento de puntos e ruta de mostraxe
- Tratamento de datos para a elaboración dunha carta batimétrica. Correccións e cálculo de altura de marea.
Ademais, mediante a preparación de exposicións orais de textos científicos seleccionados, o alumno demostrará a súa capacidade para o traballo de equipo e a súa capacidade para unha exposición oral sobre un tema científico. No debate posterior avaliarase a capacidade de síntese e de entendemento do tema proposto. |