Informes/memorias de prácticas |
Cada práctica de laboratorio xerará un informe que deberán redactar os alumnos de forma individual. Os resultados de aprendizaxe son: comprender as bases do comportamento mecánico dos materiais metálicos, cerámicos, plásticos e compostos, coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais, adquirir a habilidade no manexo de diagramas e gráficos, capacidade de aplicar normas de ensaio de materiais, e adquirir a habilidade na realización de ensaios. |
20 |
|
|
C11
|
D4 D5
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Será un exame escrito que consistirá na resolución de varios problemas. Os resultados de aprendizaxe son: comprensión dos conceptos fundamentais de enlace, estrutura e microestrutura dos distintos tipos de materiais, a comprensión da relación entre a microestrutura do material e o seu comportamento, coñecer as técnicas básicas de caracterización estrutural dos materiais, e adquirir habilidade no manexo de diagramas e gráficos. |
45 |
|
|
C11
|
D7 D10
|
Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de exames serán comunicados pola Dirección unha vez sexan aprobados pola Xunta de Escola. No exame da convocatoria ordinaria (Decembro), para aprobar será necesario acadar como mínimo o 40% sobre a nota do exame. No caso de non superar esa nota mínima, a nota que aparecerá na acta será a da avaliación continua. No exame da convocatoria extraordinaria de Xullo non se terá en conta a avaliación continua, o exame estará valorado sobre 10 puntos. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 12:00 – 09/10/2015 - Convocatoria ordinaria 1º período: 10:00 – 21/12/2015 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 22/06/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina
web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181 |