Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Programación II Código V05G300V01302
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Fernández Masaguer, Francisco
Correo-e francisco.fernandez@det.uvigo.es
Profesorado
Blanco Fernández, Yolanda
Fernández Masaguer, Francisco
Sousa Vieira, Estrella
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é proporcionar ó alumno os fundamentos teóricos e as
competencias prácticas que lle permitan analizar, deseñar, desenvolver e depurar aplicacións informáticas
seguindo o paradigma orientado a obxectos. Esta é unha materia eminentemente práctica e neste
sentido está orientada ó traballo dos alumnos na realización dun ou varios proxectos. Para facilitar o
desenvolvemento dos proxectos, na materia tamén se fai unha introducción á Enxeñaría do Software.
Neste sentido non se ocupa de todas as fases xeralmente recoñecidas nos procesos de desenvolvemento
software, que van desde a captura e descripción de requisitos ata o despregamento dos sistemas, senón que
se tratan principalmente as etapas de análise, deseño, implementación e depuración. En primeiro lugar
presentaráse a Enxeñaría do Software como disciplina imprescindible para o desenvolvemento de grandes
aplicacións informáticas, amosando os principais retos ós que se enfronta e os conceptos básicos que
se empregarán. A continuación analizaránse os elementos do paradigma da programación orientada a obxectos (POO), utilizando elementos e diagramas UML que serán empregados polos alumnos nos seus desenvolvementos. Para acadar este obxectivo xeral os contidos que se verán na materia pódense resumir nos seguintes ítems:

• O paradigma Orientado a Obxectos

- Conceptos básicos da orientación a obxectos: clases e obxectos

- Encapsulación. Principio de ocultación. Conceptos de desacoplamento e cohesión

- Herdanza, abstracción, polimorfismo e reutilización

- Relacións entre clases: xeneralización, asociación e dependencia

- Comunicación entre obxectos: métodos, eventos, mensaxes

- Persistencia. Almacenamento en ficheiros e en bases de datos

- Xeneración, captura e procesamento de excepcións

• Introducción á Enxeñaría do Software

- Conceptos básicos da Enxeñaría do Software. Reseña histórica

- Introducción e concepto de Ciclo de Vida. Estándar ISO/IEC 12207

- Introducción ás metodoloxías de desenvolvemento de software. Clasificación

- Introducción ós procesos de desenvolvemento de software orientado a obxectos. Métrica v3 e o Proceso Unificado.

- Fases principais no desenvolvemento orientado a obxectos: análise, deseño, implementación e probas.

- Introducción á linguaxe de modelado UML: estructura e interacción.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000