Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Os alumnos, organizados en grupos de dous, entregarán o proxecto
software proposto como máximo o día 5 de Xaneiro. Constará do seu deseño final (diagramas UML), o código e a documentación xerada explicativa da implementación. Que o código entregado poida ser compilado e executado nos equipos dos laboratorios é condición indispensable para superar esta proba de avaliación.

Durante a última semana do curso, os alumnos terán unha entrevista co profesor no horario de laboratorio, adicada a demostrar a autoría do proxecto e realizar diversas probas de funcionalidade. Os dous membros de cada grupo deberán estar obrigatoriamente presentes en dita entrevista. As cuestións plantexadas na mesma deberán ser respondidas individualmente para poder constatar o grado de entendemento e implicación do alumno no proxecto desenrolado.

En caso de que un alumno non acredite adecuadamente a autoría, a avaliación do proxecto faráse mediante un exame práctico de programación individual no laboratorio docente, na data aprobada pola Xunta de Escola a tal fin. Se o alumno non se presenta a este exame práctico perderá o 30\% da nota da materia.

Para os alumnos que acrediten adecuadamente a autoría, a avaliación do proxecto terá en conta tanto a correcta funcionalidade como a calidade do código e o emprego das técnicas da programación orientada a obxectos.
30 B6
B14
C50
C53
Estudo de casos/análise de situacións Ó remate da 9ª semana do curso académico os alumnos, organizados en grupos de dous, entregarán o deseño dun proxecto software. 10 C51
C52
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito e individual, realizado na data aprobada pola Xunta de Escola para elo, que constará da combinación dos seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados en clase, xustificar razoadamente se unha ou varias afirmacións son verdaderas ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite o emprego de apuntamentos, libros ou coleccións de problemas. O número e a combinación de ditas preguntas fixaráse para cada exame en particular.
50 C50
C51
C53
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Ó remate da 7ª semana do curso académico os alumnos, organizados en grupos de dous, entregarán as prácticas de iniciación en Java propostas no laboratorio. 10 C50
C51
C52
C53
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación da asignatura: avaliación continua (AC) y avaliación tradicional (AT). Os alumnos deberán elexir unha das dúas modalidades tendo en conta as seguintes condicións:

- A AC inclúe as 4 probas descritas no apartado avaliación.

- Tanto se optan pola AC coma se optan pola AT os alumnos deberán realizar un proxecto de laboratorio. Para facilitar a elección de AC ou AT os alumnos disporán en Faitic do proxecto a realizar a partir da 4ª semana do curso académico.

- Na AT o proxecto realizaráse de forma individual.

- Os alumnos que opten pola AC deberán entregar ó remate da 9ª semana do curso académico o deseño UML do proxecto a realizar (correspondente á 2ª proba descrita no apartado de avaliación). Mediante dita entrega os alumnos comprométense a seguir a AC e renuncian á AT. Dende ese intre os alumnos non poderán figurar como ``Non presentados''.

- Os alumnos que no entreguen o deseño UML do proxecto na data estipulada renuncian á AC, de modo que serán avaliados mediante a modalidade de AT. Non existe a posibilidade de sumarse á AC nas seguintes probas intermedias.

- As probas de AC non son en ningún caso recuperables, non podendo repetirse fóra das datas estipuladas polos profesores.

- Non se gardan cualificacións (de probas de AC nen de proxectos prácticos ou exames) dun curso a outro.

Primera convocatoria. Alumnos que opten pola AC

. Serán avaliados como segue:

• Parte teórica:

- Exame escrito (50%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso.

• Parte práctica:

- Prácticas de iniciación en Java (10%). A realizar en grupos de dous. Correspóndese coa 4ª proba descrita no apartado avaliación.

- Proxecto (40%). A realizar en grupos de dous. Divídese en dúas partes:

1. Deseño (10%). Correspóndese coa 2ª proba descrita no apartado avaliación.

2. Implementación (30%). Correspóndese coa 1ª proba descrita no apartado avaliación.

• Os requisitos para aprobar serán:

- Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica.

- Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte de implementación do proxecto (ou 1/3 sobre o total do examen práctico no seu caso).

- Unha nota total (suma das 4 probas) igual ou superior a 5.

- Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalguhna parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso).

Primeira convocatoria. Alumnos que opten pola AT.

Serán avaliados como segue:

• Parte teórica:

- Exame escrito (50%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso.

• Parte práctica:

- Realización individual dun proxecto software que suporá o restante 50\% da nota final. Este proxecto constará do deseño (diagramas UML), o código Java e a documentación xerada explicativa da implementación. A avaliación terá en conta correcto deseño, correcta funcionalidade, calidade do código e emprego de técnicas de POO. Deberá ser entregado como máximo o día 5 de Xaneiro.

- Realización dunha entrevista co profesor adicada a demostrar a autoría do proxecto. Dita entrevista terá lugar no laboratorio durante a derradeira semana do curso. Se o alumno non acredita adecuadamente a autoría, a avaliación da parte práctica faráse por medio dun exame práctico.

• Os requisitos para aprobar serán:

- Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica.

- Un mínimo de 1/3 sobre o total no proxecto (ou 1/3 sobre o total do exame práctico no seu caso).

- Unha nota total (suma das 2 probas) igual ou superior a 5.

- Se a nota total é igual ou superior a 5 pero non se acadou a nota mínima nalguna parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso).

Segunda convocatoria.

Os alumnos serán avaliados como segue:

• Parte teórica:

- Exame escrito (50\%). Exame individual. Correspóndese coa 3ª proba descrita no apartado avaliación. A nota deste examen no se guardara en ningun caso.

• Parte práctica:

Dependerá de se o alumno entregou ou non o proxecto na primeira convocatoria. Para os alumnos que seguiron a AC na primeira convocatoria, consideraráse que un alumno entregou o proxecto se como mínimo entregou un deseño UML no que obtivo unha nota igual ou superior a 0.6 sobre 1.

- Os alumnos que no entreguen o proxecto na primera convocatoria serán avaliados mediante un exame de programación individual que terá lugar no laboratorio na data fixada pola Xunta de Escola a tal fin. A avaliación deste exame suporá un 50% da nota final.

- A parte práctica a realizar polos alumnos que entreguen o proxecto na primeira convocatoria dependerá da nota obtida no proxecto en dita convocatoria, como segue:

Nota >= 1.5 por AC ou Nota >= 2.5 por AT. Manteráselles a nota, no tendo que presentarse ó exame práctico na segunda convocatoria. Poderán, nembargantes, mellorar a puntuación do proxecto entregando unha nova versión do da primeira convocatoria xunto coas novas funcionalidades a realizar, que se publicarán no seu momento en Faitic. Do mesmo xeito, deberán entregar un documento que recolla os cambios e actualizacións realizados no proxecto sobre a versión entregada na primeira convocatoria.

Nota entre 1 e 1.5 por AC ou Nota entre 5/3 e 2.5 por AT. Poderán optar entre realizar o exame práctico ou o proxecto ampliado da segunda convocatoria. Non se lles manterá a nota do proxecto da primeira convocatoria, pero si a das partes de iniciación en Java e deseño UML, se optaron pola AC na primeira convocatoria.

Nota < 1 por AC ou Nota < 5/3 por AT. Poderán optar entre realizar o exame práctico ou o proxecto ampliado da segunda convocatoria. En calquera caso pérdense as notas das partes de iniciación en Java e deseño UML se optaron pola AC na primeira convocatoria, é decir, serán avaliados sobre 5.

• Os requisitos para aprobar serán:

- Un mínimo de 1/3 sobre o total na parte teórica.

- Un mínimo de 1/3 sobre o total no proxecto sen ter en conta a nota de iniciación en Java e deseño UML se optaron pola AC na primeira convocatoria (ou 1/3 sobre o total do examen práctico no seu caso).

- Unha nota total (suma de todas as probas) igual ou superior a 5.

- Se a nota total é igual ou superior a 5 pero no se acadou a nota mínima nalgunha parte, a nota final será 4.5 puntos (suspenso).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000