Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación I
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: O algoritmo e as linguaxes de programación. 1. O algoritmo e as súas distintas representacións: diagrama de fluxo, seudocódigo, linguaxe natural.
2. Implementación do algoritmo mediante unha linguaxe de programación. Paradigmas de programación: A programación modular e a programación estruturada.
3. A linguaxe C e a función main(). Código fonte e código obxecto. O compilador e o intérprete.
4. Exercicios de entrada/saída: interfaz persoa-ordenador. Os ficheiros de entrada/saída estándar: stdin, stdout. A directiva #include <stdio.h>. Funcións de biblioteca.
Tema 2: A gramática e elementos básicos
da linguaxe C.
1. O alfabeto. Derivacións recursivas de secuencias sintácticamente válidas. Identificadores, números. Constantes simbólicas: A directiva #define e macros. Uso do cualificador const.
2. Variables e os seus atributos: nome, valor, dirección, tipos. A variable punteiro. Declaración de variables simples e punteiros:
os operadores de dirección & e de referencia *
3. O operador sizeof. Operadores aritméticos. O operador de asignación. Conversión automática de tipos e mediante o operador cast.
4. Notación sintáctica para expresións e instrucións. Instrución simple e instrución composta.
Tema 3: Instrucións secuenciais, iterativas
e de selección
1. Avaliación de expresións con operadores relacionais e operadores booleanos.
2. Instrucións de selección: switch, if, if aniñado. O operador ternario (?:)
3. As instrucións iterativas e a súa importancia na programación modular: while, do while e for. Instrucións break e continue.
Tema 4: Variables indexadas 1. Declaración de tipo de variables indexadas (Arrays). Asignación de memoria para arrays multidimensionais.
2. Arrays unidimensionais e punteiros: aritmética de punteiros. Arrays de caracteres: O carácter de fin de cadea.
3. Os arrays de lonxitude variable no estándar C99.
4. Asignación dinámica de memoria a arrays de 1 e 2 dimensións: as funcións malloc( ), calloc( ), realloc( ).
Tema 5: Funcións 1. Declaración e definición de funcións. Variables locais, estáticas e globais. Valor de retorno dunha función.
2. Parámetros actuais e parámetros formais. Paso de parámetros por valor e por referencia: uso de punteiros. Paso de parámetros por liña de comando á función main().
3. Elaboración e uso de bibliotecas de funcións. Funcións de biblioteca que xestionan arrays de caracteres.
4. Compilación modular. As directivas condicionais nun ficheiro de cabeceira.
5. Funcións recursivas: vantaxes e desvantaxes.
Tema 6: Variables tipo struct 1. Variables tipo struct: declaración global. Campos dun struct. Punteiros a struct. Os operadores . (punto) e -> (frecha).
2. O struct e un punteiro a struct como parámetro e valor de retorno dunha función.
3. O typedef con declaracións non triviais.
4. Estruturas máis complexas: struct aniñados, array de struct.
5. Xestión dinámica en creación de listas lineais, listas circulares, árbores.
6. Inserción e remoción de variables nunha lista
Tema 7: Ficheiros 1. Ficheiros de texto: funcións fopen(), fclose().
2. Diferentes funcións de entrada/saída para ficheiros: fprintf (), fscanf(), fgets(), feof().
3. As funcións con acceso directo ao ficheiro.
4. Manexo da información entre ficheiros e listas.
5. Estrutura dos nodos en listas enlazadas de forma simple.
6. Paso de ficheiros a lista e viceversa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000